1. RESPONSABLE
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?
Identidade: BIMBA Y LOLA, S.L. (de agora en diante “Bimba & Lola”)
Ender. postal: Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, nave D13 (36315, Vigo, España)
Teléfono: (+34) [900670502]
Enderezo electrónico: lopd@bimbaylola.com
2. FINALIDADES
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
En cumprimento do que se dispón no Regulamento europeo 2016/679 xeral de protección de datos, así como en calquera lei nacional que resulte de aplicación, informámolo/a de que en Bimba & Lola solicitamos os datos que resultan estritamente necesarios para a execución das seguintes finalidades:
(1) Tramitar a súa alta como cliente e xestionar o proceso de compra.
(2) Envío de comunicacións comerciais sobre os produtos de Bimba & Lola (mensaxes electrónicas, chamadas telefónicas, SMS, notificacións PUSH, correo ordinario etc.).
(3) Elaboración de perfís comerciais de acordo coa información obtida de fontes internas e externas, coa finalidade de remitirlle publicidade personalizada e analizar o seu comportamento de compra.
(4) Prevención de abusos e fraudes (actividades fraudulentas, ataques de denegación de servizos, entre outros).
(5) Cesión de datos a organismos e autoridades públicas (administrativas ou xudiciais), sempre e cando sexan requiridos de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias.
(6) Xestión do noso servizo telefónico de atención ao cliente, no que as conversas poderán ser gravadas coa fin de atender as consultas e solicitudes realizadas.
3. PRAZO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Os teus datos serán conservados mentres dure a relación contractual, sexan necesarios para cumprir coa finalidade para a que foron obtidos, ou solicites a súa supresión, así como o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.
4. LEXITIMACIÓN
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?
As bases legais para o tratamento dos seus datos persoais correspondentes a cada unha das finalidades (1) a (5) incluídas no apartado 2 anterior (“Finalidades”) son as seguintes:
Finalidade (1): A execución dun contrato con Bimba & Lola en relación coa compra de produtos.
Finalidade (2): Consentimento expreso outorgado a Bimba & Lola no momento da recollida dos seus datos persoais.
Finalidade (3): Consentimento expreso outorgado a Bimba & Lola no momento da recollida dos seus datos persoais en relación coa elaboración de perfís baseados en fontes externas e a satisfacción dun interese lexítimo perseguido por Bimba & Lola en relación coa elaboración de perfís baseados en fontes internas.
Finalidades (4) e (5): O cumprimento das obrigas legais que resulten de aplicación a Bimba & Lola.
Finalidade (6): (i) A execución dun contrato entre o cliente e Bimba & Lola cando a consulta ou solicitude estea relacionada con produtos adquiridos a Bimba & Lola (estado dun pedido, devolucións, etc...) e (ii) o interese lexítimo de Bimba & Lola en atender e resolver consultas ou solicitudes que non teñan como obxecto compras realizadas a Bimba & Lola.
5. DESTINATARIOS
A que destinatarios se comunicarán os seus datos persoais?
Os nosos provedores poderán acceder aos teus datos persoais cando resulte necesario para a correcta prestación dos servizos e execución das finalidades para a que os datos foron obtidos. Neste sentido, poderán acceder aos teus datos persoais:
(i) empresas transportistas e de loxística,
(ii) entidades financeiras, de detección e prevención da fraude,
(iii) provedores de servizos de atención ao cliente,
(iv) prestadores de servizos tecnolóxicos e de analítica,
(v) provedores de publicidade e márketing dixital que, en determinados casos, poderán actuar como corresponsables do tratamento.
Ademais, os teus datos tamén poderán ser cedidos a organismos e autoridades públicas (administrativas ou xudiciais) naqueles casos en que unha norma legal así o estableza.
6. DEREITOS
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais e como pode exercelos?
Ten dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, poderá oporse ao tratamento dos seus datos. Bimba & Lola deixará de tratar os datos, agás por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, pode exercer o dereito á portabilidade dos datos, así como retirar os consentimentos facilitados en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Se desexa exercer calquera dos seus dereitos pode dirixirse a nós enviando unha comunicación escrita ao enderezo electrónico lopd@bimbaylola.com ou ben, ao noso enderezo postal Bimba & Lola, S.L., Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, nave D13 (36315, Vigo, España). No caso de que teñamos dúbidas razoables sobre a identidade da persoa solicitante do exercicio de dereitos, poderemos solicitar que se nos achegue unha copia dun documento oficial que a identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte), coa fin de comprobar a identidade da persoa solicitante.
Por último, informámolo/a de que se pode dirixir ante a Axencia Española de Protección de Datos e demais organismos públicos competentes para calquera reclamación derivada do tratamento dos seus datos persoais.
Navegación web (cookies)
A web www.bimbaylola.com (de agora en diante “bimbaylola.com”), titularidade de BIMBA Y LOLA, S.L., utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar experiencias de navegación e mellorar os nosos servizos, conseguindo información acerca do seu uso. En cumprimento das obrigas previstas no apartado segundo do artigo 22 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, a presente Política de cookies ten por finalidade facilitar información sobre estas para que poida decidir sobre a súa xestión e utilización.
Cookies estritamente necesarias
Bimba & Lola utiliza cookies de uso interno imprescindibles para o funcionamento de bimbaylola.com, como por exemplo, aquelas que permiten a autenticación ou o mantemento da sesión do usuario rexistrado cando navega pola páxina. A desactivación destas cookies impide o funcionamento correcto dalgunhas das funcionalidades de bimbaylola.com:
- Cookies_Consent (Pop up de aceptación de cookies)
- Dyndata (Carriño da compra)
- Store (Para coñecer o mercado ao que pertence a visita)
- Frontend, Frontend_cid (Login usuario)
- Customer_Group (Grupo ao que pertence o usuario)
Cookies analíticas
Bimba & Lola utiliza cookies analíticas para conseguir estatísticas sobre a actividade do usuario en bimbaylola.com e a actividade xeral da páxina. A información recompilada permite optimizar a navegación por ela e garantir o mellor servizo ao usuario:
SERVIZO | PROVEEDOR | MÁIS INFORMACIÓN |
---|---|---|
GOOGLE ANALYTICS | Ligazón | |
GOOGLE TAG MANAGER | Ligazón | |
YOUTUBE | Ligazón |
Cookies Publicitarias
Son cookies almacenadas normalmente por terceiras partes que xestionan os espazos publicitarios que os usuarios visualizan ao acceder a bimbaylola.com. Estas cookies permiten medir a efectividade das nosas campañas en liña, proporcionar ao usuario información do seu interese e ofrecerlle contidos publicitarios da súa preferencia, así como limitar a cantidade de impactos publicitarios que realizamos a cada usuario:
SERVIZO | PROVEEDOR | MÁIS INFORMACIÓN |
---|---|---|
DOBLECLICK | Ligazón | |
GOOGLE TAG MANAGER | Ligazón | |
Ligazón |
Cookies de redes sociais
Algunhas redes sociais, como Facebook, ou webs e servizos de terceiros, ofrecen aos anunciantes a oportunidade de xerar nos seus propios contornos audiencias personalizadas daqueles usuarios das devanditas redes, webs ou servizos que visitan bimbaylola.com
Isto permite impactar directamente estes usuarios no contorno dos devanditos terceiros, ofrecendo información, promocións ou contidos publicitarios que se adapten aos intereses dos usuarios:
SERVIZO | PROVEEDOR | MÁIS INFORMACIÓN |
---|---|---|
link | ||
link | ||
YOUTUBE | link |
Inhabilitación e eliminación de cookies.
O usuario poderá configurar o seu navegador para bloquealas e, se é o caso, eliminalas. Non obstante, se selecciona esta configuración, quizais non poida acceder a determinadas partes de bimbaylola.com ou non poida dispor dalgún dos servizos de Bimba & Lola. A menos que se axustase a configuración do navegador de xeito que rexeiten cookies, o sistema producirá cookies cando se conecte a bimbaylola.com
Un usuario pode, en calquera momento, restrinxir, bloquear ou borrar as cookies de bimbaylola.com. Para iso deberá modificar a configuración do navegador no que fai ao uso de cookies a través do menú “Preferencias”, “Opcións” ou “Ferramentas” (o nome dos menús ou o procedemento para acceder ás opcións de cookies varían dependendo do navegador utilizado). Para máis información sobre como configurar as cookies nos principais navegadores, aconsellamos consultar as seguintes ligazóns:
- Internet Explorer: Ligazón
- Mozilla Firefox: borrar cookies e bloquear cookies.
- Google Chrome: Ligazón
- Opera: Ligazón
- Safari: Ligazón
Bimba & Lola, S.L.U. resérvase o dereito a modificar a presente Política de cookies como consecuencia dun cambio normativo ou por un cambio na configuración destas, por iso recomendamos revisala periodicamente co obxectivo de estar axeitadamente informado/a sobre como e para que utilizamos as cookies.
8.I LOVE MOM
Condicións legais de I love mom
Convidámolo/a a revisar as condicións de uso que rexen a nosa funcionalidade para o envío de felicitacións do Día da Nai (de agora en diante, "I love mom"), propiedade de Bimba & Lola, S.L., sociedade con domicilio social en Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, Nave D13, 36315 Vigo, provincia de Pontevedra e con CIF número B-36950970 (de agora en diante "BIMBA Y LOLA").
Estas condicións foron deseñadas para crear un acordo legalmente vinculante entre vostede e nós, protexendo os seus dereitos como usuario e os nosos dereitos como empresa. Se non acepta o contido das condicións legais que rexen a funcionalidade, deberá renunciar ao seu uso.
1. Obrigas do usuario:
O usuario está obrigado a:
a) Comunicar a BIMBA Y LOLA todos os datos necesarios para o correcto desenvolvemento dos servizos que esixan identificación previa que deberán ser veraces, actuais e axustados á realidade. En caso contrario, BIMBA Y LOLA non será responsable en ningún caso de posibles fallos no desenvolvemento
b) Facer un uso axeitado dos Servizos incluídos no sitio web, sempre de conformidade co ordenamento xurídico.
c) A non levar a cabo ningunha actividade que dificulte ou interfira no funcionamento dos Servizos, incluídos no sitio web.
d) Respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial pertencentes a BIMBA Y LOLA.
2. Propiedade intelectual e industrial:
Todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial de I Love mom, así como dos seus contidos pertencen a BIMBA Y LOLA, polo que ningún usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos, nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso, agás para a súa utilización persoal e privada, e queda, pois, prohibida a modificación, descompilación ou a utilización comercial de calquera parte desta.
Tan só se autoriza a utilización dos contidos de I love mom con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, e o usuario será o único responsable do mal uso destes.
O acceso a I love mom non outorga aos usuarios dereito nin titularidade algunha sobre os dereitos de propiedade intelectual ou industrial nin dos contidos que alberga. Os usuarios que accedan a I love mom non poderán copiar, modificar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, ceder nin vender os elementos anteriormente mencionados ou crear novos produtos ou servizos derivados da información obtida sen que medie autorización expresa e por escrito de BIMBA Y LOLA. Queda terminantemente prohibida a alteración do seu contido ou estrutura por parte do usuario.
BIMBA Y LOLA resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais que correspondan contra os usuarios que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial.
No caso de que o usuario detecte calquera actividade susceptible de vulnerar algún dereito de Propiedade intelectual, industrial ou de calquera tipo de dereito, solicitamos que nolo comunique.
3. Política de privacidade
De conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos persoais, a continuación, informámolo/a brevemente sobre as características do tratamento dos datos persoais que nos facilita:
Responsable do tratamento: Bimba & Lola, S.L.
Finalidade: Envío dunha comunicación felicitando o Día da Nai.
Lexitimación: Consentimento expreso do usuario.
Conservación: Os datos persoais serán conservados durante o desenvolvemento da finalidade indicada, posteriormente bloquearanse durante os prazos establecidos na normativa aplicable.
Destinatarios: Os nosos provedores poderán acceder aos datos persoais cando resulte estritamente necesario para a finalidade mencionada, así como para o receptor da comunicación (o ""invitado""). Así mesmo, os datos poderán ser cedidos a organismos e autoridades públicas se unha norma así o establece.
Dereitos: O interesado terá dereito a exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade, así como a retirar o consentimento outorgado. Para o exercicio dos teus dereitos podes dirixirte a nós enviando unha mensaxe ao enderezo electrónico lopd@bimbaylola.com ou ben, ao noso enderezo postal Bimba & Lola, Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, nave D13 (36315 – Vigo – España). No caso de que teñamos dúbidas razoables sobre a identidade do solicitante, poderemos solicitar que nos facilites unha copia dun documento oficial que te identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) co fin de comprobar a identidade do solicitante. Así mesmo, podes dirixirte ante a Axencia Española de Protección de Datos e demais organismos públicos competentes para calquera reclamación derivada do tratamento dos teus datos persoais.
Tratamento de datos de terceiros: O usuario garante que obtivo os permisos necesarios para facilitar os datos persoais dos convidados e asume a responsabilidade de facilitar os devanditos datos. Con respecto aos datos persoais facilitados, BIMBA Y LOLA garante e comprométese a que o tratamento que se realizará deles será coa única finalidade de xestionar axeitadamente a funcionalidade I love mom.
4. Duración de I love mom
A iniciativa BIMBA Y LOLA I love mom comeza o 21 de abril e rematará o 5 de maio de 2024. Desde ese momento, non poderán realizar máis solicitudes a través desta función.